Apoio ás propostas para mellorar o Sal Lence

Lembramos ás familias da importancia de seguir votando e compartindo as propostas de mellora do centro escolar para lograr que saian adiante.

O próximo xoves 13 de outubro estaremos no local da ANPA de 16:00 a 18:00 para axudar a todos aqueles que non sepan como poden apoiar as propostas. Pasádeos se tedes dúbidas.

Actividades Extraescolares 2022-2023

Mostramos a continuación o horario provisional de actividades, pendente de revisión e confirmación por parte da Federación de ANPAs.

  • Escola de Maxia (4º-6º) non sae, por non formarse grupos
  • Atletismo: non se chega ao número mínimo de 10 inscritos nin no grupo 3º-4º nin no de 5º-6º E.P. Proponse formar un único grupo, cos nenos de 3º a 6º de E.P. Pendente confirmación por parte de Federación.
  • Proxectos: ao non chegar ao número de 10 inscritos na franxa 4º a 6º E.P., intentarase integralos xunto co grupo de 1º a 3º E.P. para formar un grupo unificado de toda E.P. (1º-6º). Pendente confirmación por parte de Federación.
  • Escape Room (4º-6º) pendente confirmación por parte de Federación de grupo, xa que non se chega ao número mínimo de escolares inscritos.
  • Inglés: confírmase a actividade para todas as franxas de idade. Dous grupos en E.I., 1º-2º e 3º-4º de E.P. Un único grupo en 5º-6º E.P.
  • O resto de actividades ofertadas por Federación e Judo saen según o horario inicial.

Se algunha familia está interesada en realizar algún cambio nas actividades de Federación, pode pórse en contacto en inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou nos teléfonos 649055939 – 698158503

Número inscritos actividades Federación (actualización)

Indicamos a continuación o número aproximado e provisional de inscritos a día de hoxe (sábado 17 de setembro) nas actividades extraescolares ofertadas pola Federación de ANPAS.

O número mínimo de nenos para formar grupo é de 10 e o prazo de inscrición termina este domingo 18.

Educación Infantil

  • Prepatinaxe (L/Me 16:00-17:00): 21 (fórmase grupo)
  • Xogos Rítmicos (Ma/X 16:00-17:00): 21 (fórmase grupo)
  • Proxectos (V 16:00-18:00): 11 (fórmase grupo)
  • Comecocos (Ma/X 17:00-18:00): 12 (fórmase grupo)
  • Colorín Colorado (L/Me 17:00-18:00) : 11 (fórmase grupo)
  • Predeporte (L/Me 16:00-17:00): 9 (pendende)

Educación Primaria

  • Atletismo (1º e 2º) (Ma/X 16:00-17:00): 12 (fórmase grupo)
  • Atletismo (3º e 4º) (L/Me 17:00-18:00: 4 (pendente)
  • Atletismo (5º e 6º) (L/Me 16:00-17:00): 7 (pendente)
  • Patinaxe (1º – 3º) (L/Me 17:00-18:00): 28 (fórmase grupo)
  • Patinaxe (4º – 6º) (Ma/X 17:00-18:00): 10 (fórmase grupo)
  • Proxectos (1º – 3º): (V 16:00-18:00): 11 (fórmase grupo)
  • Proxectos (4º – 6º): (V 16:00-18:00): 2 (pendente)
  • Xenios (1º – 3º) (Ma/X 16:00-17:00): 10 (fórmase grupo)
  • Ritmo (1º – 3º): (Ma/X 17:00-18:00): 14 (fórmase grupo)
  • Baile Moderno (4º – 6º) (L/Me 17:00-18:00): 10 (fórmase grupo)
  • Teatro (1º – 3º) (L/Me 16:00-17:00): 12 (fórmase grupo)
  • Escape Room (4º – 6º) (L/Me 16:00-17:00): 7 (pendente)
  • Escola de Maxia (4º – 6º): (Ma/X 16:00-17:00): 4 (pendente)

Erro no cadrante de actividades

Detectouse un erro no cadro de actividades de Federación. A actividade Baile Moderno de 4º E.P. aparece duplicada: luns e mércoles de 16:00 a 17:00 e luns e mércores de 17:00 a 18:00. O horario correcto para este grupo é luns e mércoles de 17:00 a 18:00. Os nenos que xa están apuntados serán avisados.

Como aclaración xeral, as actividades extraescolares divídense en tres grupos: Educación Infantil, 1º-3º Educación Primaria e 4º-6º Educación Primaria. Só hai dúas excepcións: Atletismo e Inglés, nas que consideramos que a diferencia de idade pode ser importante e separamos en catro grupos: E.I., 1º-2º E.P., 3º-4º E.P. e 5º-6º E.P. No caso de non haber suficientes inscricións para formar grupo nalgunha destas actividades, pódense reubicar aos nenos noutros grupos de idade similares, previa comunicación coas familias.

Seguro comedor

Lembramos ós usuarios de comedor, incluídos os bolseiros, que deben aboar á empresa Jardanay o seguro de accidentes, cun importe de 8 euros ao ano por persoa. Este importe vai no primeiro recibo do curso; os bolseiros poden pagalo en man no comedor, daráselles recibo.

Comezo de Conciliaxogos

Co arranque do curso escolar, comeza a actividade de Conciliaxogos.

O horario é de 16:00 a 17:00 / 18:00. As entradas e saídas faranse pola porta principal.

O cadrante de actividades previstas é o seguinte:

Retomamos cepillado dentes e novo menú comedor


Para este novo curso, no comedor escolar do Sal Lence retomamos a rutina do cepillado de dentes tras as comidas, tanto despois do almorzo (madrugadores) como do xantar. Para iso, todos os usuarios destes servizos deberán levar un estoxo pequeno con cepillo e pasta. Cada dúas semanas, o levarán a casa para a súa limpeza.

Ao igual que en cursos anteriores, tanto a entrada de madrugadores como as saídas do comedor efectuaranse pola porta principal. Os horarios son:

  • Madrugadores: de 07:30 a 9:00, hora tope de entrada para o almorzo 08:15. O peche de portas é ás 08:50.
  • Saídas do comedor: 15:15 e 15:45

Achegamos a continuación o menú do primeiro trimestre do curso escolar 2022-2023.

Reunións infantil

O martes 6 de setembro ás 11:00 haberá reunións dos tres cursos de infantil nas súas respectivas aulas.

As familias deberán levar os libros e material para o novo curso, marcado cos nomes dos alumnos.

Actividades extraescolares 2022-2023

Publicamos a continuación a proposta provisional de actividades extraescolares deseñada para o curso escolar 2022-2023.

Estas actividades realizaránse desde octubre 2022 a maio 2023. Lembrámosvos de novo que, para participar nelas, as familias deben ser socias da AMPA.

As actividades extraescolares divídense en tres grupos: Educación Infantil, 1º-3º Educación Primaria e 4º-6º Educación Primaria. Só hai dúas excepcións: Atletismo e Inglés, nas que consideramos que a diferencia de idade pode ser importante e separamos en catro grupos: E.I., 1º-2º E.P., 3º-4º E.P. e 5º-6º E.P. No caso de non haber suficientes inscricións para formar grupo nalgunha destas actividades, pódense reubicar aos nenos noutros grupos de idade similares, previa comunicación coas familias.

INGLÉS

  • Impartido pola academia Nottingham nas instalacións do Sal Lence.
  • Prazo de inscrición: do 12 ao 18 de setembro
  • A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: Nottingham School of English – Academia de Inglés en A Coruña (nottinghamenglish.com)
  • Mínimo 6 e máximo 10 escolares por grupo.
  • Cotas mensuais a aboar por alumno (por transferencia mensual á academia):
    • Os alumnos de 5º e 6º de infantil poderán escoller entre unha e dúas horas semanais. Os de 4º de infantil só terán a opción de unha hora e os de primaria só poderán escoller dúas horas.
    • Unha hora semanal: 25€
    • Dúas horas semanais: 40€
    • Seguro incluído no prezo

JUDO

  • Impartido por Judo Club Coruña.
  • Alumnos de 5º e 6º de infantil e primaria.
  • Prazo: desde hoxe ata o 18 de setembro.
  • As familias interesadas deberán imprimir e cubrir o seguinte pdf e deixalo no buzón da ANPA.
  • Dúas horas semanais: 29€ + licencia anual da Federación Galega de Judo (consultar con Judo Club Coruña).
  • Pago por domiciliación bancaria.

ACTIVIDADES FEDERACIÓN

  • Prazo de inscrición: do 12 ao 18 de setembro
  • A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
  • Mínimo 10 escolares para formar grupo. De non chegar a este número, a actividade non se ofertará finalmente.
  • Cotas trimestrais a aboar por participante e actividade (condicións especiais para os bolseiros de comedor):
    • Período outubro-decembro: 15€
    • Período xaneiro-marzo: 15€
    • Período abril-maio: 10€

O pago das actividades farase por cargo na conta bancaria por parte da Federación.

Todos os escolares inscritos (incluídos os bolseiros) aboarán unha única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas para o curso 22/23. O pago do seguro realizarase por cargo na conta bancaria.

Algunhas das novidades deste curso son:

COLORÍN COLORADO. Contacontos

Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e a creatividade introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Os contos, historias ou poemas permitirán expresarnos oral e corporalmente; inventando e recreando novos contos e personaxes, apropiándonos das palabras e desenvolvendo así valores estéticos e éticos.

COMECOCOS (E.I.) e XENIOS (E.P.). Xogos de Lóxica Matemática

A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento.

XOGOS RÍTMICOS (E.I) e RITMO (E.P).

Propostas lúdicas relacionadas co ritmo, a música e o movemento.

PROXECTOS. Traballo multidisciplinar por proxectos.

É unha actividade na que partindo dun centro de interese, os nenos xerarán a súa propia aprendizaxe a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo. Desenvolveranse diferentes contidos coma a expresión plástica, musical, corporal e teatral, a animación á lectura, a lóxica matemática, a actividade motriz, etc. A temática cambiará cada trimestre.